ños.
  1:07:00 PM (3) comments
13.12.04
 
Eu de maior quero ser ....

Non me estou a refeir ó primeiro libro da miña amiga Rosa Aneiros. Onte lin en La Vanguardia unha reportaxe na que citaba varios estudios feitos en toda Europa nos que se afirma que os rapaces europeos xa non queren chegar a ser policías ou bombeiros, nin tan sequera pilotos de coches: queren ser famosos e ricos.

Algo está a cambiar na nosa sociedade. Quizais pola cultura do aceleramento constante que estamos a vivir, todo o mundo quere acadar un nivel de vida infinitamente por riba da media. Neste proceso de aceleración, seguro que teñen moito que ver os medios de comunicación de masas, pero moito máis as relacións personales e familiares. Nesa mesma reportaxe, había un despece titulado algo así como "Aprendemos de las cartas a los Reyes Magos" no que o xornalista advertía que un bo número de cartas que envían os nenos ó buzón de reis magos ubicado neste xornal barcelonés, pedían que os seus pais tiveran máis tempo para estar con eles. De seguro que algo non vai de todo ben, creo eu.

  9:41:19 AM (0) comments
9.12.04
 
Agora entendo o de Estopa

Facía tempo que tiña unha dúbida que resolvín onte. Non entendía a clave do éxito de fenómenos culturais de claro corte andaluz nacidos no corazón de Cataluña. Falo dos Estopa, Peret, e toda esta xente que canta, escribe e fala en andaluz e se sinte catalán.
Onte estiven cuns bos amigos no Baix Llobregat (Sant Vicençs del Horts, Molíns de Rei, Torrellas, Rubí ..... ) Alí puiden comprender in situ o arraigo dos cidadás coa súa cultura natal, fundamentalmente a andaluza. Os mozos e mozas de segunda e terceira xeración falan andaluz, co acento andaluz e de temas que para nada teñen que ver cos estereotipos cataláns.

Sen embargo, eles síntense cataláns e é máis: profesan o catalanismo. De feito, as súas grandes actuacións son comprar piso e comprar terreos en Cataluña para disfrutar do tempo libre. ¿De onde sacan os cartos? Pois de dous sitios: a) Venden as herdanzas que tiñan os seus pais/avós noutras comunidades e b) traballan moito e xeneran un patrimonio realmente importante.
É curioso pois, ver como se consolida unha nación multicultural nacida en boa medida da inmigración e que pouco a pouco e xeración en xeración se vai adaptando ós distintos movementos sociais.

Supoño que algo parecido pasará dentro duns anos coa inmigración africana e latinoamericana. E se non que llo digan a meu amigo Nacho que xa ten unha sobriña china que en poucos meses falará galego, a pesares de ter os ollos pequenos e pel amarela.
  1:32:57 PM (0) comments
7.12.04
 
Un paseo por Ikea.

Sempre quixen coñecer como era a filosofía Ikea. Eu, parvo de min, pensaba que o Ikea era un centro de bricoloxe ó bestia, con mil e unha chilindradas para poder pasar o tempo con isto da contrucción de puzzles con forma de moble.
Pero non. Ikea é unhafilosofía representada en forma de mobles para o fogar. O concepto vai cos tempos. Hoxe en día, os pisos son infinitamente máis pequenos e máis caros (non descubro nada novo), e Ikea logra crear modelos de mobles para espacios pequenos e a precios baratos ¿A cambio de qué? Pois de que o cliente traballe ensamblando as pezas. Isto provoca que o usuario final esté doblemente contento, xa que por unha parte aforra os cartos e pola outra sinte a satisfacción de facer algoa coas suas propias mans.
Unha nota da cadea, xusto antes da caixa de pagar, explícao todo: si o levas no teu coche, aforrarás cartos e tempo. Só lle faltaba dicir: "non me molestes moito que xa verás que ben nos levamos"

  3:59:08 PM (0) comments
 
Comeza unha nova vida .
Barcelona acólleme durante unha temporadiña.
Gracias ó meu traballo, teño que vivir durante unhas semanas na cidade condal, na que non pasa día no que non ocurran cousas marabillosas. Desde situacións do máis "moderno" ata momentos que me fan pesar de onde estamos e cara onde imos.

Comeza desde o outro lado da península unha andaina polo mundo das bitácoras na que pretendo contar as miñas experiencias e reflexións sobre o mundo no que vivimos, especialmete no que se refire á calidade de vida e á sociedade da información e do coñecemento.

  3:49:13 PM (0) comments
Falo da calidade de vida e a comunicación.

ARCHIVES
07 diciembre 2004 / 09 diciembre 2004 / 13 diciembre 2004 / 17 diciembre 2004 /

Powered by Blogger

xpereira
xpereira
17.12.04
 
Os productos tradicionais e o éxito

Paseando onte pola praza de Jaume I de Barcelona (a famosa do belén "innovador" que a min tanto me gusta) vin unha cousa que me chamou a atención.
Alí, nesta praza, está un dos sitios de bocadillos de máis fama de toda Barcelona. Chámase o "Conesa" e din os que os probaron que son feitos de xeito tradicional e con productos de calidade.
De frente, a uns tres metros está un restaurante moitísimo máis grande e preparado da cadea Bocata.

Pois ben, onte a iso das seis da tarde, a cola de xente que quería entrar ó Conesa erá realmente impresionante (contei unhas 50 persoas) namentras que o Bocata, ¡oh sorpresa! estaba practicamente baleiro.

Eu son dos que din que non hai que respetar ó tradicional polo mero feito de selo, pero si creo que a calidade e os procesos de producción máis reflexionados e pausados son unha marca de calidade e, polo tanto, de éxito no público. Polo tanto, neste caso, o tradicional si que funciona, a pesares de ter a competencia do "express" diante mesmo dos fuciños.