Eu de maior quero ser ....
Non me estou a refeir ó primeiro libro da miña amiga Rosa Aneiros. Onte lin en
La Vanguardia unha reportaxe na que citaba varios estudios feitos en toda Europa nos que se afirma que os rapaces europeos xa non queren chegar a ser policías ou bombeiros, nin tan sequera pilotos de coches: queren ser famosos e ricos.
Algo está a cambiar na nosa sociedade. Quizais pola cultura do aceleramento constante que estamos a vivir, todo o mundo quere acadar un nivel de vida infinitamente por riba da media. Neste proceso de aceleración, seguro que teñen moito que ver os medios de comunicación de masas, pero moito máis as relacións personales e familiares. Nesa mesma reportaxe, había un despece titulado algo así como "Aprendemos de las cartas a los Reyes Magos" no que o xornalista advertía que un bo número de cartas que envían os nenos ó buzón de reis magos ubicado neste xornal barcelonés, pedían que os seus pais tiveran máis tempo para estar con eles. De seguro que algo non vai de todo ben, creo eu.