Un paseo por Ikea.
Sempre quixen coñecer como era a filosofía Ikea. Eu, parvo de min, pensaba que o Ikea era un centro de bricoloxe ó bestia, con mil e unha chilindradas para poder pasar o tempo con isto da contrucción de puzzles con forma de moble.
Pero non. Ikea é unhafilosofía representada en forma de mobles para o fogar. O concepto vai cos tempos. Hoxe en día, os pisos son infinitamente máis pequenos e máis caros (non descubro nada novo), e Ikea logra crear modelos de mobles para espacios pequenos e a precios baratos ¿A cambio de qué? Pois de que o cliente traballe ensamblando as pezas. Isto provoca que o usuario final esté doblemente contento, xa que por unha parte aforra os cartos e pola outra sinte a satisfacción de facer algoa coas suas propias mans.
Unha nota da cadea, xusto antes da caixa de pagar, explícao todo: si o levas no teu coche, aforrarás cartos e tempo. Só lle faltaba dicir: "non me molestes moito que xa verás que ben nos levamos"
Comeza unha nova vida .
Barcelona acólleme durante unha temporadiña.
Gracias ó meu traballo, teño que vivir durante unhas semanas na cidade condal, na que non pasa día no que non ocurran cousas marabillosas. Desde situacións do máis "moderno" ata momentos que me fan pesar de onde estamos e cara onde imos.
Comeza desde o outro lado da península unha andaina polo mundo das bitácoras na que pretendo contar as miñas experiencias e reflexións sobre o mundo no que vivimos, especialmete no que se refire á calidade de vida e á sociedade da información e do coñecemento.