Os productos tradicionais e o éxitoPaseando onte pola praza de Jaume I de Barcelona (a famosa do belén "innovador" que a min tanto me gusta) vin unha cousa que me chamou a atención.
Alí, nesta praza, está un dos sitios de bocadillos de máis fama de toda Barcelona. Chámase o "Conesa" e din os que os probaron que son feitos de xeito tradicional e con productos de calidade.
De frente, a uns tres metros está un restaurante moitísimo máis grande e preparado da cadea Bocata.
Pois ben, onte a iso das seis da tarde, a cola de xente que quería entrar ó Conesa erá realmente impresionante (contei unhas 50 persoas) namentras que o Bocata, ¡oh sorpresa! estaba practicamente baleiro.
Eu son dos que din que non hai que respetar ó tradicional polo mero feito de selo, pero si creo que a calidade e os procesos de producción máis reflexionados e pausados son unha marca de calidade e, polo tanto, de éxito no público. Polo tanto, neste caso, o tradicional si que funciona, a pesares de ter a competencia do "express" diante mesmo dos fuciños.